viernes, 21 de febrero de 2014

Charla sobre materiais escolares

Fran Brea, da compañía de educación ambiental CEM, infórmanos sobre as características que deben reunir os materiais escolares e axúdanos a analizalos.


jueves, 20 de febrero de 2014

Charla de Montse Sancho

Montse Sancho é a directora da escola infantil municipal de Monte Alto na Coruña, veu visitarnos para mostrar a súa experiencia sobre o traballo de educación viaria con nenos e nenas menores de 3 anos.
Esta experiencia valeulles un premio por parte da Dirección Xeral de Tráfico.

Secuencia de traballo do proxecto

A continuación está a secuencia de traballo a desenvolver no proxecto de Educación Viaria 0-3. Están sinaladas as diferentes fases e as principais actuacións que hai que realizar.

lunes, 17 de febrero de 2014

Primeira charla sobre o concepto de Educación viaria

Rosa Mahía, técnica da DGT, informa ao alumnado do módulo de didáctica da educación infantil do ciclo superior de educación infantil sobre os conceptos básicos sobre educación viaria centrándose especificamente no primeiro ciclo da educación infantil.